Porque sabemos que a ninguén lle gustan as salas de hotel nin os antigos salóns de congresos, en NOVENTA poñemos á túa enteira disposición un espazo diáfano e modular de noventa metros cadrados con infinitas posibilidades para adaptarnos da mellor maneira posible ó teu evento e ó teu peto. Un espazo moderno e tranquilo no centro da cidade onde levar a cabo os teus proxectos.

Obradoiros, presentacións de libros, de pelis, showrooms, mercados, conferencias, eventos privados incluso o teu aniversario ou o do teu pequecho se o precisas. En NOVENTA somos nós quen nos adaptamos a ti. Se precisas un espazo, non dubides en contactar con nós por correo electrónico, teléfono ou what's app. Estaremos encantados de resolver as túas dúbidas.

 

GALERÍa


 

SERVIZOS


Wifi      REDE WIFI: Conéctate a nosa rede Wifi de alta velocidade.

proyector      PROXECTOR: Para axudarte coa túa presentación, charla... o que precises.

impresion      EQUIPO DE SON: Se precisas música ou apoio para a túa presentación.

Promocion      PROMOCIÓN: Axudámoste a difundir o teu evento nas nosas redes sociais.

cafe      CAFÉ / TÉ: Desfruta de café e té de balde no noso office cortesía de Cafés Primordiale.

Serviciosespeciais      SERVIZOS ESPECIAIS: Catering, música, maxia... dinos o que che fai falla.

Parking      APARCADOIRO: Xusto enfrente para que o coche non sexa un problema.

 

tarifas


Opcion1.jpg

Desfruta en privado de todo o noso espazo. 90m2 con capacidade para 60 persoas. Ideal para showrooms, presentacións de producto, sesións fotográficas e eventos privados. Internet, proxector e office a túa enteira disposición.

Tarifas:
250€ + IVA / Día (8hs)
180€ + IVA / Medio día (4hs)
50€ + IVA / Hora

Opcion2.jpg

90m2 con capacidade para 42 persoas sentadas en cadeira modo "conferencia". Perfecto para presentacións de libros, charlas, conferencias, obradoiros, monólogos, reunións corporativas, o que queiras. Internet, proxector e office incluidos.

Tarifas:
200€ + IVA / Día (8hs)
140€ + IVA /Medio día (4hs)
40€ + IVA / Hora

Opcion3,JPG

Unha opción intermedia. 90 m2 con capacidade para ata 16 persoas sentadas na nosa mesa principal. Ideal para sesións de calceta, reunións, ceas, tuppersex, tendas pop-up, e demáis. Internet, proxector, café e té incluídos.

Tarifas:
150€ + IVA / Día (8hs)
100€ + IVA / Medio día (4hs)
30€ + IVA / Hora

* Se o teu proxecto non se axusta a estas modalidades, ponte en contacto con nós, preprararémoste un orzamento axustado. O contratar as opcións 1 e 2, aplicarase un fee de limpeza do local de 20 euros. 
 
 

PRÓXIMOS EVENTOS